A Irmandiña consegue a segunda victoria da súa historia moderna e permañece invicta logo de vencer por 3-2 a Irán, toda unha tricampiona de Asia, no encontro disputado onte no estadio de Riazor, da Coruña.
Cinco goles, unha vitoria, moitos sorrisos e a ilusión mesturada co orgullo de que Galiza segue invicta. E como non a reivindicación na defensa das nosas seleccións deportivas nacionais e o dereito a competir internacionalmente. Iso foi o vivido polos mozos e mozas ribeiraos que compoñemos Galiza Nova e que acudimos a Riazor para apoiar á nosa Selección Nacional.




0 comentários:
Enviar um comentário