
Charlas informativas con carácter móbil que se desprazarán por todolos concellos do Ribeiro.
O obxectivo destes foros é tratar tódolos temas que se atopan de actualidade, facendo fincapé en todos aqueles que nos afectan directamente as mozas e mozos.
O tema deste 1º Faladoiro é:
- Língua, presente e futuro.
Situación do galego no ensino, perda de falantes, involución e perda do consenso sobor do idioma.
Para o cal contaremos coa presenza de:
- Iván Paz Taboada
Responsábel comarcal de Galiza Nova
- Xosefina Álvarez Vilar
Presidenta da Asociación Nacionalistas do Ribeiro
- Rosa Enríquez Noya
Poeta galega licenciada en Filoloxía Hispánica e profesora de francés no I.E.S. "Macías o namorado" de Padrón.
segunda-feira, 11 de maio de 2009
Galiza Nova organiza as charlas "Estamos de Faladoiro"
Etiquetas:
actividades,
castrelo de miño,
galiza,
língua,
mocidade
quarta-feira, 11 de fevereiro de 2009
Mitin-Concerto
A forza da mocidade move este país!
Habera unha breve intervención política, o sorteo dunha noite na casa de turismo rural Valderías (Avión) e algunha que outra sorpresa máis. Este Sabado 14 de Febreiro a partir das 24:00 horas.
Etiquetas:
actividades,
eleccións galiza,
festexos,
mocidade,
ribeiro
sábado, 24 de janeiro de 2009
Cea-Presentación da candidatura do Bng Ourense
Comeza o Bng con forza a Campaña ás Eleccións Galegas 2009 enchendo completamente o pavillón de Expourense con máis de 1400 persoas.
Non quixeron perderse esta cita unha representación plural da realidade ourensá, entidades de ámbito social, entidades deportivas, mundo empresarial, cargos orgánicos e institucionais, militantes e simpatizantes. O candidato á presidencia da Xunta de Galiza, Anxo Quintana, e o cabeza de lista por Ourense, Alfredo Suárez Canal, contaron tamén cun grande apoio da militancia ribeirá e como non de Galiza Nova-O Ribeiro.
Eis unha imaxe da nosa mesa:

Etiquetas:
actividades,
eleccións galiza,
festexos,
ourense,
ribeiro
segunda-feira, 19 de janeiro de 2009
Acudimos a Compostela a decir "Non ao masacre!"
Milleiros de persoas manifestáronse onte en Santiago de Compostela en contra da ofensiva do Estado israelí na franxa de Gaza, convocados por unhas cincuenta organizacións, formacións políticas, sindicatos, fundacións, observatorios e asociacións culturais. Galiza Nova-O Ribeiro tamén estivo alí apoiando ao povo palestino.

Etiquetas:
actividades,
galiza,
loita,
povo palestino,
reivindicación,
solidariedade
domingo, 4 de janeiro de 2009
Éxito do primeiro Torneo de Futsal!
Celebramos o torneo cunha boa asistencia de público, cun bo número de equipas inscritas e cunha festa ao remate que durou ate perto das 4 da madrugada!
Parabéns a tod@s!
Eis vos deixamos fotos do evento:
Madeiras Javier Paz do Carballiño, a equipa gañadora do Torneo

A equipa local, concretamente de Macendo

Apagaronse as luces para comezar a festa!

Etiquetas:
actividades,
castrelo de miño,
deporte,
festexos,
futsal,
galiza,
ribeiro
domingo, 28 de dezembro de 2008
1º Torneo Futsal Ribeiro
O vindeiro día 3 de Xaneiro o Pavillón municipal de Castrelo de Miño acollerá a primeira edicion do Torneo Futsal O Ribeiro. O prazo de inscripccion está aberto para tod@ aquel/a que desexe participar no evento.
Máis datos de interese:
- Aberto prazo de inscripción.
- Data límite: Venres 2 de Xaneiro ás 21h.
- O importe da inscripción aboarase previamente ó día do Torneo. Aquelas equipas que non fixeran efectivo o ingreso o sábado ás 12 da mañan serán excluidas do sorteo.
- O sorteo realizarase no Bar Ludeiro o sábado ás 15 horas.
- Todo o recadado será destinado a premios.
Para calquer dúbida ou aclaración velaí tedes os correios:
gznoribeiro@gmail.com
ivanpaz@gmail.com
Ou o tele-móbil 687 418 965
Etiquetas:
actividades,
castrelo de miño,
deporte,
festexos,
futsal,
ribeiro
Subscrever:
Mensagens (Atom)



