Galiza Nova d'O Ribeiro postúlase en contra da instalación dunha minicentral no río Couso ao seu paso polo concello de Avión mediante a colocación dunha faixa na que reivindica a adopción de medidas de protección do río e a súa contorna.
O río Couso caracterízase por unha ampla vexetación composta principalmente por bidueiros, salgueiros, carballos, amieiros, uceiras, e outras especies autóctonas, ademais dunha ampla fauna composta por troitas e lontras, entre outras especies. Este feito convirte este Río e a súa contorna nunha zona de alta riqueza paisaxística e medioambiental ademais dunha zona importante para outro tipo de aprobeitamentos e actividades aínda pouco desenvolvidos no mesmo.
Porén instamos ao Concello de Avión nun escrito presentado neste mes de outubro en rexistro a solicitarlle á Consellería de Medio Ambiente a declaración de Espazo Natural de Interese Local do río Couso e a súa contorna para a súa preservación, recuperación e posta en valor.




0 comentários:
Enviar um comentário