sábado, 24 de janeiro de 2009

Cea-Presentación da candidatura do Bng Ourense

Comeza o Bng con forza a Campaña ás Eleccións Galegas 2009 enchendo completamente o pavillón de Expourense con máis de 1400 persoas.

Non quixeron perderse esta cita unha representación plural da realidade ourensá, entidades de ámbito social, entidades deportivas, mundo empresarial, cargos orgánicos e institucionais, militantes e simpatizantes. O candidato á presidencia da Xunta de Galiza, Anxo Quintana, e o cabeza de lista por Ourense, Alfredo Suárez Canal, contaron tamén cun grande apoio da militancia ribeirá e como non de Galiza Nova-O Ribeiro.

Eis unha imaxe da nosa mesa:



0 comentários: